Actividades

Convenio de colaboración Val de Rois-Casino de Padrón

recomendar  contenido a un amigo
O Club de Golf Val de Rois e a Sociedade Cultural Padronesa – Casino asinan un convenio de colaboración
O Club de Golf Val de Rois e a Sociedade Cultural Padronesa – Casino asinaron un convenio de colaboración entre as dúas entidades.
Conscientes do peso que o golf está a gañar en Galicia e das dificultades para a práctica que os amantes deste deporte afrontan en ocasións, Golf Val de Rois e a S.C. Padronesa – Casino queren unir os seus esforzos nun intento por lle dar pulo á práctica desta actividade. De aí a sinatura dun convenio polo que ámbalas dúas entidades se compromenten a colaborar de forma indefinida cun intercambio de servizos do que todos os seus socios se poderán beneficiar.
O Club de Golf Val de Rois pon o seu campo e as súas instalacións a disposición dos socios da S.C. Padronesa – Casino que posúan a licencia federativa de golf, e o fai en condicións análogas ás dos seus socios de número. Deste xeito, terán acceso libre e gratuíto a instalacións como a cancha de prácticas e Putting Green ou o restaurante; gozarán dun desconto do 50% no Green Fee, de forma que a cuota queda fixada en 22,50 euros; poderán facer uso das instalacións de Pádel e Tenis cun desconto dun 20% sobre as tarifas que se lles aplican aos non socios de Val de Rois; e poderán acceder a clases de golf ao mesmo prezo que calquera socio da entidade (actualmente, 25 euros/hora), puidendo beneficiarse dunha clase de iniciación colectiva sen custo ningún en grupos de entre 4 e 6 persoas.
Así mesmo, os afiliados á S.C. Padronesa – Casino que desexen facerse socios do Club de Golf Val de Rois non terán que abonar ningunha cantidade en concepto de entrada, de forma que só asumirán o pago das cotas mensuais.
Do outro lado, a S.C. Padronesa – Casino permite aos socios do Club de Golf Val de Rois o uso das súas instalacións nas mesmas condicións que os seus socios e pon a disposición do Club e da súa directiva os seus salóns para a organización de eventos, reunións, conferencias, etc.
v.03.13:0,034
GestionMax
novedades   Aviso Legal   Política de Privacidad   Contacto   
© 2015 | Club de Golf Val de Rois (Lg. Las Gándaras - Seira s/n 15911 - La Coruña) | Telf.: +34 981.81.08.64 Admin