ESTATUTOS

Ver el documento en PDF para poder descargarlo

ESTATUTOS CLUB DE GOLF VAL DE ROIS.


CAPÍTULO I. NORMAS XERAIS.

Artigo 1: O club de Golf Val de Rois é una asociación de natureza xurídica privada , sen ánimo de lucro, con domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia, que ten como obxecto primordial o fomento e impulso da práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas, así como a participación en actividades e competicións deportivas, calquera que sexa o seu nivel e destinatario. A entidade goza de personalidade xurídica e capacidade de obrar, e réxese por estes estatutos e polas disposicións legais estatais e autonómicas que sexan de aplicación.  O Club de Golf Val de Rois ten encomendada a regulación do uso e utilización das instalacións deportivas, cuia titularidade pertence a Campos de Golf Santiago S.A.

Artigo 2: O Club de Golf Val de Rois terá como principal modalidade deportiva a do golf e solicitará a ratificación dos estatutos e a inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, de conformidade coa Lei do Deporte de Galicia.

No Club de Golf Val de Rois se practicarán tamén as modalidades deportivas de tenis e padel, e para tal fin funcionarán as sección deportivas correspondentes, sen prexuizo de que a Xunta Directiva ou o Consello de Administración poidan acordar a creación doutras.

Artigo 3: O Club de Golf Val de Rois ten o seu enderezo no Lugar de As Gándaras, s/n, Seira, 15911, Rois, A Coruña. O número de teléfono é 981/810864 e as dirección de correo electrónico son gerencia@golfrois.com e info@golfrois.com.

O presidente, cando as circunstancias o aconsellen, poderá acordar o cambio de domicilio social dentro da mesma localidade. Para o traslado do domicilio a outra localidade, que deberá ser dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, será necesario o acordo maioritario da Xunta Directiva ou Consello de Administración.

CAPÍTULO II.- SOCIOS, TIPOS DE ABONADOS, ADMISIÓNS, DEREITOS E OBRIGAS.

Artigo 4: O número de abonados será ilimitado. No obstante, a Xunta Directiva ou Consello de Administración poderá suspender temporalmente a admisión de novos abonados cando a capacidade da instalación o aconselle, ou simplemente sexa una decisión estratéxica.

Todos os abonados terán dereito de uso das instalación nas condicións que estableza a Xunta Directiva ou Consello de Administración.

Artigo 5: Tipos de abonados. A entidade  establece os seguintes tipos: socios de número, abonados e abonados de honor.

  1. Socios de Número: serán os accionistas, persoas físicas ou xurídicas, de Campos de Golf Santiago S.A., que sexan titulares polo menos dunha acción. Os socios de número non teñen que abonar cuota de entrada e simplemente satisfacendo o pago das cotas de mantemento mensual , poden facer uso das instalación do club. No caso de que sexa soamente unha persóa a que vai facer uso das instalacións, abonará a cuota de mantemento individual. Por outra banda, si o socio de número desexa que poidan disfrutar das instalacións todolos membros da súa unidade familiar, nese caso abonará unha cuota de mantemento familiar, que incluiría o uso do titular, o cónyugue e os fillos menores de 18 anos.  Cando un fillo do socio titular cumpre os 18 anos, e hasta que cumpra os 25, o titular terán que abonar a maiores una cuota mensual reducida por este fillo, dun importe que decidirá en cada momento a Xunta Directiva. Os fillos dun socio de número, a partir dos 25 anos, teñen que pasar a ser abonados, tendo que asumir o pago da cuota mensual correspondente e tamén da cuota de entrada que decida a Xunta Directiva.
  1. Abonados: poderán ser abonados do club todas as persoas que así o soliciten e que sexan admitidas pola Xunta Directiva. Para ter esta condición haberá que abonar a cuota de entrada que a Xunta Directiva decida en cada momento e as consecuentes cuotas de mantemento mensuais. Sen embargo, non terán que abonar cuota de entrada o cónyuge e os fillos menores de 18 anos. No caso de que sexa soamente unha persóa a que vai facer uso das instalacións, abonará  a cuota de mantemento individual. Por outra banda, si o abonado desexa que poidan disfrutar das instalacións todolos membros da súa unidade familiar, nese caso abonará unha cuota de mantemento familiar, que incluiría o uso do club do titular, o cónyugue e os fillos menores de 18 anos.  Cando un fillo do abonado cumpre os 18 anos, e hasta que cumpra os 25, o titular terán que abonar a maiores una cuota mensual reducida por este fillo, dun importe que decidirá en cada momento a Xunta Directiva. A partir dos 25 anos, teñen que pasar a ser abonados, tendo que asumir o pago da cuota mensual correspondente e tamén da cuota de entrada que decida a Xunta Directiva.

Tamén poderán ter consideración de abonados as entidades, empresas ou sociedades que o soliciten, nos termos e condicións que acorde en cada caso a Xunta Directiva, co fin de que os seus directivos, empregados ou clientes poidan facer uso das instalacións. A Xunta Directiva do Club fixará o número de persoas de cada entidade que poden utilizar diariamente as instalacións, o importe que ten que pagar cada persoa así como o número de cota periódicas de mantemento que teñen que abonar en función no número de cota de entrada que abone cada entidade, empresa ou sociedade.

  1. Abonados de honor: serán as persoas ás que a Xunta Directiva confira esta distinción en atención os seus méritos, cualidades ou servicios prestados o club. Os abonados de honor están exentos de pago de cota de entrada e cota de mantemento. Soamente terán que abonar os servicios do club tales como green fees, alugeres das pistas de tenis e padel, restaurante, etc. Este nomeamento, salvo decisión contraria da Xunta Directiva, é vitalicio.

Tanto os abonados como os abonados de honor poden deixar a súa condición cando así o decidan e terán que comunícalo á xunta directiva por escrito. Os socios de número, sen perder esta condición, poden deixar de abonar as cota mensuais no caso de que non desexen facer uso das instalacións.

Son obrigas dos abonados, pagar as cota mensuais que estableza a xunta directiva para cada tipo de familia, contribuír o sostemento e difusión do deporte ou modalidades deportivas e acatar cantas disposicións dite a Xunta Directiva para o bo goberno da sociedade.

Artigo 6: Todos os socios de número que utilicen as instalacións e tódolos abonados, salvo os de honor, terán que abonar as cuotas periódicas que fixe a Xunta Directiva.

As persoas xurídicas non abonarán estas coutas hasta que designen ás persoas físicas que van facer uso das instalación, recaendo sobre estas persoas físicas a obriga do pago das coutas periódicas.

Cando una persoa física deixa de abonar as cotas mensuais por un período de seis meses, perde o dereito de uso das instalacións, e para recupéralo, e indispensable abonar as cuotas atrasadas máis o recargo que estableza a Xunta Directiva, e que en ningún caso será inferior ó 25% da cantidade adeudada.

Artigo 7: A condición de abonado pérdese polos seguintes motivos:

  1. Por propia vontade mediante una comunicación escrita ó club. Neste suposto o abonado, no caso de que pagara cuota de entrada, ten dereito a transmitir o seu dereito a outra persoa. O destinatario non terá que asumir outra cota de entrada, pero si as cuotas mensuais atrasadas, no caso de habelas. Si o abonado que desexe perder esta condición no abonou cuota de entrada, non poderá transmitir o seu dereito de xogo a outro usuario.
  2. Por falta de pago das cuotas periódicas, tal e como esta descrito no artigo 6º.
  3. Por acordo da Xunta Directiva, fundado en faltas graves e con previa audiencia do interesado. Cualifícanse coma faltas graves a comisión de actos que perxudiquen gravemente o prestixio do club, a comisión de actos que poñan en entredito a honorabilidade propia ou atente contra o honor doutro abonado, a desobediencia pública dos acordos da Xunta Directiva ou o feito de ter sido expulsado dalgún club de golf nacional ou internacional

Artigo 8: A cada abonado que abone cuota de entrada se lle expedirá un título acreditativo.

O club levará un libro de Rexistro de Socios.

CAPITULO III. ORGANOS DE GOBERNO E ADMINISTRACIÓN DO CLUB.

Artigo 9: A entidade rexirase polos seguintes órganos:

  1.  Presidente
  2. A Asemblea Xeral.
  3. A Xunta Directiva.

Artigo 10: A Asemblea Xeral é o supremo órgano de goberno e administración da Entidade, e estará composta por todos os socios de número que estean ao corrente das súas obrigas sociais.

O voto na Asemblea será proporcional ao capital que cada socio posúa ou represente de Campos de Golf de Santiago, S. A.

Artigo 11: Os membros da Xunta Directiva serán escollidos pola Asemblea Xeral.  A Xunta Directiva escollerá, de entre os seus membros, un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario e un Tesoureiro. O Presidente da Xunta Directiva será o representante legal do Club.

A Xunta Directiva poderá designar un Director-Xerente para que execute os acordos dos órganos do goberno e administración e para que coordine todos os recursos e actividades do Club.

O Director-Xerente, para cuxa designación non é necesario ostentar a condición de socio do Club, poderá asistir as reunións da Xunta Directiva con voz e sen voto.

Artigo 12: Corresponde á Asamblea Xeral:

  1. A elección da Xunta Directiva, de acordo co procedemento que se estableza.
  2. Aprobar as contas anuais.
  3. Aprobar o orzamento da Entidade.
  4. Discutir e aprobar, no seu caso, as propostas que lle formule a Xunta Directiva.
  5. Aprobar o Regulamento de Réxime Interno e a modificación dos Estatutos
  6. Resolver as propostas que lle formulen os socios cando ditas propostas se presenten coa firma de, polo menos, un 5% dos que teñan dereito de asistencia.
  7. Fixar as condicións e formas de administración dos socios, a contía das cotas de entrada e das cotas periódicas de mantemento.

Artigo 13: A Asamblea Xeral reunirase:

  1. En sesión ordinaria, unha vez ó ano, dentro dos seis meses primeiros do exercicio, para a aprobación das Contas do ano anterior, do Presuposto do exercicio, e das proposicións formuladas pola Xunta Directiva ou polos Socios.
  2. En sesión extraordinaria, cando a convoquen o Presidente ou solicíteno polo menos o 30% dos socios con dereito a asistencia.

Artigo 14: A Asamblea Xeral será convocada polo Presidente da Xunta Directiva, que tamén ostentará a condición de Presidente da Asamblea, con quince días de antelación á data da súa celebración mediante a publicación da convocatoria e a orde do día no taboleiro de anuncios do Club e comunicación directa ao domicilio dos socios.

A Asamblea quedará validamente constituída na primeira convocatoria cando os socios presentes ou representados posúan, polo menos 50% do capital de Campos de Golf de Santiago S. A.

En segunda convocatoria, será válida a constitución da Asemblea calquera que sexa o número de socios que concorran á mesma.

Entre a primeira e a segunda convocatoria haberá que mediar, polo menos, un prazo de 2 horas.

Os acordos adoptaranse validamente co voto favorable da maioría do capital presente e representado na Asamblea. Os acordos serán vinculantes e de obrigado cumplimento e terán forza executiva a partir de data da súa adopción, sen prexuicio, por razón da materia, da posibilidade da súa impugnación perante os órganos competentes e da federación galega deportiva da modalidade ou perante o Comité Gelego de Xusticia Deportiva.

Artigo 15: A mesa da Asamblea estará composta polo Presidente e o Secretario da Xunta Directiva.

As reunións da Asamblea comezarán coa formación da lista de asistentes expresando o carácter ou representación da cada un e o capital propio ou representado con que concorran.

Despois de despachar os asuntos da orde do día designaranse tres socios para que aproben o acta e a firmen conxuntamente co Presidente e o Secretario. Actuará de Secretario da Asemblea quen o sexa da Xunta Directiva.

Artigo 16: Corresponde á Xunta Directiva:

  1. A admisión dos socios nas condicións fixadas pola Asamblea.
  2. A execución dos acordos da Asamblea.
  3. A interpretación dos Estatutos e a aprobación das normas de desenrolo dos mesmos.
  4. A modificación de los estatutos que vexen orixinados por modificacions lexislativas, debendo que informar á Asamblea na seguinte convocatoria.
  5. A organización e dirección dos servizos.
  6. O nomeamento e cese do persoal.
  7. A elaboración das Contas Anuais e do Presuposto.
  8. A dirección da xestión económica, financeira e administrativa.
  9. A realización de toda a clase de contratos.
  10. A autorización dos gastos.
  11. Todas as demais función non encomendadas expresamente á Asamblea Xeral.

Artigo 17: A Xunta Directiva reunirase, en sesión ordinaria, polo menos una vez o trimestre. En sesión extraordinaria cando así o dispoñan o Presidente ou o soliciten un tercio dos seus membros.

A Xunta será convocada polo Presidente con tres días de antelación a súa celebración.

A Xunta quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando concorran a ela a maioría dos seus membros, e en segunda convocatoria cando asistan polo menos tres membros.

A Xunta Directiva adoptará os seus acordos polo voto favorable da maioría dos membros presentes.

De cada reunión da Xunta levantarase a correspondente acta que será firmada polo Presidente e o Secretario.

Artigo 18: Corresponde ao Presidente:

  1. Representar á entidade.
  2. Convocar, presidir, dirixir e levantar as sesións da Asamblea e da Xunta Directiva.
  3. Executar os acordos dos órganos de goberno e administración.
  4. Autorizar os pagos.
  5. A dirección inmediata dos servizos, actividades e da xestión do club.
  6. Calquera outra función propia da Presidencia dunha entidade.

Artigo 19: O mandato do Presidente e dos demais membros da Xunta Directiva, será de catro anos.

A Xunta Directiva poderá, polo voto favorable dos dous tercios dos seus membros, cesar ao Presidente, ao Vicepresidente, ao Secretario ou o Tesoureiro, procedendo, a continuación, a nomear novos cargos co mesmo quórum de votos favorables.

Artigo 20: Corresponde ao Vicepresidente substituír ao Presidente en casos de ausencia, vacante ou enfermidade de este.

Artigo 21: Corresponde ao Secretario:

  1. Levar os libros de actas.
  2. Levar o libro de Rexistro de Socios.
  3. Expedir, co visto bo de Presidente, as certificacións dos acordos dos órganos de goberno e administración.
  4. Dirixir, de acordo co Presidente, a xestión administrativa do club. En caso de ausencia, vacante ou enfermidade será substituído polo vocal que designe a Xunta Directiva.

Artigo 22: Corresponde ao Tesoureiro:

  1. Dirixir a Contabilidade e custodiar os libros e documentos contables.
  2. Realizar os pagos autorizados polo Presidente.
  3. A expedición de recibos e a recadación das contas periódicas.
  4. A dirección, de acordo co Presidente, da xestión económica da entidade.
  5. A confección dun informe trimestral no que se reflexe a situación dos acredores e deudores, cobros e pagos a dita fecha.

En caso de ausencia, vacante ou enfermidade será substituído polo vocal que designe a Xunta Directiva.

CAPÍTULO V. RÉXIME DISCIPLINARIO.

Artigo 23: Os órganos e socios do club serán sometidos ao regulamento disciplinario do club e ao disposto no título VII da lei 3/2012, do deporte de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento.

Artigo 24: Así mesmo, o presidente e os membros da xunta directiva responderán fronte os abonados, socios, o club ou terceiros dos prexuicios que ocasionaren por culpa ou neglixencia grave, de conformidade coa regulación propia do club e o ordenamento xurídico vixente

CAPITULO IV. REXIME ECONOMICO E FINANCIEIRO

Artigo 25: Os recursos do Club estarán constituídos:

  1. Polas aportacións dos socios.
  2. As doacións ou subvencións que reciba.
  3. Os resultados económicos que se deriven dos actos que organice.

Os rendeentos da tesourería e posibles inversión financeiras temporais.

O Club tamén poderá formalizar préstamos ou créditos bancarios para resolver situación transitorias de falta de liquidez ou para financiar inversións.

A financiación dos déficit da tesourería será autorizada pola Asemblea Xeral.

Artigo 26: A Entidade sométese ao réxime de contabilidade do sector privado.

Anualmente tamén se aprobará un Presuposto de Ingresos e Gastos e un Presuposto de Tesourería.

CAPITULO V. REFORMA DE ESTATUTOS E DISOLUCION DA ENTIDADE

Artigo 27: Os Estatutos poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral, en reunión extraordinaria convocada ao efecto e co voto favorable dos socios que representen polo menos, dous tercios do capital de Club de golf Val de Rois- Campos de Golf Santiago, S. A. De todas maneiras, a xunta directiva está facultada para realizar modificacions dos estatutos que veñan orixinados por modificacions lexislativas, tendo que informar á Asamblea na seguente convocatoria.

A reforma destes estatutos seguirá, con respeto ao Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, os mesmos trámites administrativos que para a súa inscripción.

Artigo 28: A Entidade disolverase:

  1. Por acordo de dous tercios dos socios en Asamblea Xeral Extraordinaria, convocada para o efecto, sempre e cando representen os dous tercios da propiedade do club.
  2. Por sentencia xudicial
  3. Polas demais causas que determinen as leis.

Disolto o club, o remanente do seu patrimonio social se houbera, aplicarase a fins análogos de caracter deportivo, ben por acordo previo da Asamblea Xeral ou subsidiariamente polo órgano competente en materia de deporte da Xunta de Galicia.

© Copyright - Val de Rois | Diseño de territorioweb.es
X